A volta á nova normalidade está dando especial traballo aos bombeiros das comarcas de Ferrolterra, que viron como se disparaban as súas intervencións nos últimos días debido, principalmente, ao levantamento da prohibición para a queima de rastroxos e ás altas temperaturas dos últimos días.
O GES de Mugardos tivo que intervir a primeira hora desta tarde por un lume forestal na zona de Marraxón, no concello de Fene, que obrigou a desprazar dúas motobombas e 3 bombeiros do grupo de emerxencias, ademáis dun axente forestal. Tamén en Fene, neste caso en Limodre, actuaron fai dous días, noutro incendio forestal no que participou unha cuadrilla e dous motobombas.
A principios desta semana, tamén se atenderon outros dous lumes forestais na parroquia de Lubre, en Ares, e na de Peizás, en A Capela. E a pasada semana na zona do Sartego, en Fene, o GES de Mugardos e os Bombeiros de Ferrol actuaron unha queima incontrolada e outra en Mugardos.
Os axentes solicitan á veciñanza que extremen as precaucións coas queimas de rastroxos e que non deixen nada susceptible de combustión nas saídas ao monte, xa que as altas temperaturas destes días están a ser un vector fundamental para provocar estes lumes.