Excarcelada unha muller tras unha colisión entre dous vehículos en Castro

O SPEIS de Narón tivo que rescatar á ocupante dun dos coches siniestrados que quedara atrapada no interior
SPEIS Narón
SPEIS Narón

O 112 alertou a primeira hora desta mañá dun accidente con persoas atrapadas no interior dun vehículo na estrada de Cedeira a Pereira, ao pasar a rotonda do polígono de Río do Pozo. O aviso rexistrouse ás 9.44 horas e ás 9.48 os bombeiros do Speis chegaron ao punto indicado, donde confirmaron que unha persoa está atrapada no interior dun vehículo, no que ían dous ocupantes, un home e unha muller, de entre 60 ou 70 anos. A persoa atrapada era a muller, que ía como acompañante do conductor do turismo.

Unha vez evaluada a situación por parte dos bombeiros e o estado do matrimonio afectado, procederon a estabilizar o vehículo co fin de evitar posibles movementos do mesmo durante os traballos e tamén se cortou a enerxía na batería. Debido á situación do turismo e valorado o nivel de atrapamento, os bombeiros realizan unha manobra de extracción por retirada de todo o lateral con ambas portas, unha acción que permitiu sacar á muller accidentada dunha forma rápida e segura.

Unha vez no exterior, a muller recibiu atención dos servizos sanitarios desprazados á zona, que a trasladan a un centro hospitalario para realizar unha evaluación posterior. O servizo contou coa intervención de Urxencias Sanitarias, da Policía Local de Narón e da Garda Civil para a regulación do tráfico na zona.

SPEIS Narón

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.