Cabanas busca un técnico de turismo para o servizo de promoción do concello

As persoas interesadas deben presentar as solicitudes entre os días 1 e 5 de xuño
Caseta Turismo

O Concello de Cabanas vén de abrir a convocatoria para a selección dunha persoa para a praza de persoal técnico de turismo, para o servizo de promoción turística do concello, na Oficina de Información situada no Parque do Areal.

Tal e como figura na convocatoria, publicada no BOP do venres 29 de maio, poden optar á praza as persoas con titulacións vencelladas á área, como os graos de Turismo, Humanidades, Xeografía ou Historia da Arte, entre outras. As persoas interesadas deben presentar as solicitudes entre os días 1 e 5 de xuño.

“Nun concello como Cabanas, no que o turismo supón un peso importante para a súa economía, este persoal resulta fundamental, e máis ás portas dunha tempada marcada pola crise da COVID-19” sinalou o tenente alcalde e responsábel da área, Iago Varela.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.