A Empresa Mixta de Augas de Ferrol (Emafesa) indica que debido á necesidade de realizar unha actuación de reparación do colector na rede de saneamento na avenida de Santa Mariña, no cruce coa rúa Casal dos Ovos, é necesario cortar o acceso de vehículos no carril dereito en dirección á estrada de Catabois.
O acceso quedará debidamente sinalizado mediante semáforos e sinais de obra. A intervención terá lugar entre os días 2 e 5 de xuño.