Apertura do prazo de preinscrición para o Punto de Atención á Infancia de Cabanas

As solicitudes poden tramitarse de maneira preferente pola Sede Electrónica do Concello
Punto de Atención á Infancia (PAI)

O Concello de Cabanas informa de que o próximo luns, 1 de xuño, abre o prazo de inscrición do Punto de Atención á Infancia (PAI) “As Viñas” de Cabanas para o curso 2020-2021.

As solicitudes poden tramitarse de maneira preferente pola Sede Electrónica do Concello de Cabanas ou, no seu defecto, no Rexistro municipal. En calquera dos casos, a solicitude debe estar acompañada do DNI das persoas solicitantes, libro de familia, declaración da renda do ano 2018 e unha nómina ou documento xustificativo de figurar en activo.

O prazo para a entrega das solicitudes remata o día 15, e as persoas que desexen máis información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais no 981 495 959 (extensión 2).

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.