Calcinado o tellado dunha vivenda da parroquia de Doso

Os bombeiros de Narón tiveron que actuar con rapidez para que o lume non afectase a outras estancias da vivenda
Incendio Doso

O Speis de Narón tivo que actuar hoxe pola mañá nun incendio no tellado dunha vivenda anexa a unha casa unifamiliar no lugar dos Tortos, na parroquia de Doso. Ata alí desprazouse unha dotación con cinco efectivos e, unha vez no punto comprobaron que o lume procedía da parte alta da edificación. As labores de extinción prolongáronse durante algo máis de hora e media.

Unha vez extinguido os membros do Speis valoraron a estabilidade da estrutura e revisouse para valorar os danos ocasionados polo lume. Non houbo que lamentar danos persoais, só materiais. Os bombeiros realizaron tamén tarefas de ventilado e saneamento de pezas móbiles. Tamén se desprazou ata o lugar a Policía Local de Narón.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.