A área sanitaria de Ferrol non rexistra novos casos de coronavirus nas últimas 72 horas

O número de activos mantense en 20 persoas contaxiadas e só dous hospitalizados
controlcovid2

A área sanitaria de Ferrol non rexistrou novos casos de coronavirus desde o pasado 31 de abril. A de hoxe é a terceira xornada na que se manteñen os 20 casos activos con Covid-19, dos cais só dous persoas permanencen hospitalizadas e o resto, 18 doentes, atópanse en illamento nos seus fogares. Ademais, xa hai semanas que non hai ningún afectado de Covid-19 na unidade de coidados intensivos.

Tampouco variaron o número de altas epidemiolóxicas nas últimas 72 horas. Seguen sendo 560 os veciños e veciñas de Ferrol, Eume e Ortegal que superaron xa o virus e están curados. Respecto ás vítimas mortais, seguen a ser 33, xa que non se rexistraron novos falecementos desde o pasado 9 de maio.

A pesar deste entancamento, segue activos os dous puntos de toma de mostras para PCR no exterior do Novoa Santos, que non só realízanse a persoas con síntomas compatibles co virus, senón a todas aquelas que teñan que pasar por algunha intervención ou proba sensible.  Ata o de agora son  máis 11.500 as probas que se realizaron na área sanitaria, con só un 4,8% de positivos detectados ata o momento.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.