Novas actividades deportivas e culturais en Cabanas para este curso

Está previsto que as actividades comecen o 3 de outubro e se extenderán até o 30 de xuño de 2023
imagen de archivo de clases de yoga
imagen de archivo de clases de yoga

O Concello de Cabanas informa da apertura do prazo de inscrición nas actividades deportivas, culturais e musicais para o curso 2022/2023, para o cal establécense dúas quendas: unha para persoas empadroadas en Cabanas ou alumnado matriculado no CEIP Eladia Mariño, do 9 ao 16 de setembro, e outro aberto a todo o mundo, do 19 ao 23 de setembro.

Para as nenas e nenos desde 5º de educación infantil ata a rapazada da ESO ofrécense as actividades de manualidades, xadrez, teatro, psicomotricidade, predeporte, multideporte, multideporte ESO, judo, patinaxe e pádel, mentres que as persoas adultas poderán acceder, dentro das actividades culturais, a bolillos, corte e confección e teatro; e nas de deporte a ioga, bailes latinos, pádel, ximnasia terapéutica, pilates, tenis e ximnasia pélvica e hipopresiva.

As actividades de música, destinadas tanto a menores como persoas adultas, ofertará as actividades de iniciación á música, linguaxe musical, harmonía, análise, violonchelo, piano e guitarra. Está previsto que as actividades comecen o 3 de outubro de 2022, e se extenderán até o 30 de xuño de 2023. Para inscribirse en ditas actividades é preciso realizar a inscrición por rexistro, debendo presentar a documentación que pode descargarse desde a web cabanas.gal ou nas oficinas xerais do Concello a partir do día 9.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.