O grupo de baile de Lago celebra o seu 40º aniversario cun Encontro Folclórico

Celebrarase este sábado a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura, e continuará no local social de Lago ás 21:00 cunha foliada
A pista polideportiva acollerá unha foliada contra as 21:00 horas
A pista polideportiva acollerá unha foliada contra as 21:00 horas

O grupo de baile Álvaro Cunqueiro de Lago cumpre, nada máis e nada menos, que 40 anos, e para celebralo, este sábado 10 de setembro organiza un Encontro Folclórico a partir das 18 horas na Casa da Cultura. Nel, tomarán parte a Asociación Cultural Buxainas de Cedeira; a Asociación Cultural Brisas do Quenllo de Tordoia, e a Agrupación Folclórica Álvaro Cunqueiro. Así mesmo, a partir das 21 horas, a celebración trasladarase ó local social de Lago, onde continuará cunha Foliada coas cantareiras de Buxainas, Ponte o rejo e o grupo de gaitas de San Sadurniño.

O grupo de baile preséntase oficialmente en xullo de 1982, nun acto ó que acoden, entre outras personalidades, José Cunqueiro, irmán de Álvaro Cunqueiro, do que a formación toma o seu nome. Culminan así un ano de traballo, xa que é en outubro de 1981 cando a Asociación de Veciños Santiago Apóstol pon en funcionamento a escola de baile galego, xerme do grupo. Nese momento, baixo a dirección coreográfica de María del Carmen López Martínez, José Martínez e María del Carmen Martínez, antigos integrantes do Real Coro Toxos e Froles.

Precisamente, desta insigne institución tamén procede o recoñecido José Gómez Amado, gaiteiro que tutela nese mesmo 1982 o nacemento da escola de gaitas de Lago. Agrupación que anos máis tarde contaría coa profesora Isabel Lorente, á súa vez tamén docente no Toxos, e dende 2005 e ata a actualidade, co prestixioso gaiteiro Marcos García Martínez.

Dende entón, as actuacións non cesan, e incluso o mesmo ano da súa constitución, o grupo de baile recibe dous primeiros premios e un terceiro no II Festival de Danzas de Pontedeume e un primeiro premio á orixinalidade e a execución de danzas na I Xornada de Baile Galego da asociación Chorima de San Juan. Ó longo da súa traxectoria, ten actuado en festivais por toda Galicia, e tamén de fóra da Comunidade, e mesmo en programas televisivos como “Aturuxo” e “Luar”. Así mesmo, no ano 2000 comeza a súa andadura a sección de cantareiras-pandereteiras, baixo a dirección de Maite López, recoñecida pandereteira da zona. Ó frente do grupo de baile estivo tamén, durante anos, Marta Pérez -antiga integrante de Brincadeira-, e hai uns anos tomaba o relevo Daniel Picos, director actual do grupo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.