Cabanas refuerza su tirón como destino vacacional

El número de visitantes a la oficina de turismo creció un 42% respecto a 2021
Oficina de Turismo de Cabanas
Oficina de Turismo de Cabanas

O Concello de Cabanas, a través da área de turismo, vén de presentar os datos de visitantes da tempada, unhas cifras que amosan a consolidación dunha tendencia á alza no número de visitantes que se achegan a coñecer o concello, cun incremento do 42% neste 2022 con respecto ao ano 2021. A Oficina de Información e Turismo (OIT), situada no Parque do Areal, atendeu 7274 persoas que se achegaron demandando información sobre Cabanas e a súa contorna, así como tamén polas actividades programadas desde o Centro de Interpretación do Medio Mariño (inaugurado esta tempada), os acceso e roteiros polas Fragas do Eume e a praia canina situada na Madalena.

“Os datos de visitantes son o resultado dunha planificación na que se ten en conta tanto a potencialidade do destino como a do sector local de turismo, co que este verán se levaron a cabo diversas actividades de promoción en conxunto”, sinalou o tenente alcalde e responsábel de turismo, Iago Varela, quen tamén destacou “a importante proxección de Cabanas en feiras e eventos do sector, como Fitur, Turexpo, Primavera no Camiño ou Equiocio, nas que se participa de forma activa”.

As visitas en datos

O 81% das visitantes que pasaron pola Oficina de Información Turística de Cabanas procedían de diferentes puntos do Estado español, destacando – por esta orde – o número de persoas chegadas desde Madrid, Andalucía, Galiza, Comunidade Valenciana e Castela A Mancha. Tamén destaca o crecemento nas procedencias desde as Illas Canarias. Os número de visitantes internacionais medrou neste 2022 un 7% con respecto ao 2021. O 91% das visitantes estranxeiras proceden de Europa, de maneira significativa desde Italia, Portugal, Alemaña, Reino Unido e Francia, e por primeira vez desde que se teñen datos recíbense visitantes desde Oceanía.

En canto ao modo de viaxar, un 34% dos visitantes fíxoo cun grupo organizado de máis de 10 persoas, o 31,7% en parella ou familia e un 28,3% faino coas súas amizades. Tan só un 6% viaxa en solitario. Para os desprazamentos, a meirande parte das visitantes elixiu o vehículo particular, ao tempo que continúa a tendencia crecente ao uso da autocaravana e furgonetas camperizadas para a mobilidade e aloxamento. As persoas que contrataron aloxamento, fixérono principalmente en hoteis e albergues, e en menor medida en aloxamentos turísticos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.