Lugo aproba o Plan de Acción da Axenda Urbana 2030

O documento, froito da participación cidadá, permitirá á cidade optar con máis forza aos fondos europeos de recuperación
Concello de Lugo
Concello de Lugo

O executivo de Lara Méndez acordou hoxe en Xunta de Goberno extraordinaria a aprobación do Plan de Acción da Axenda Urbana ‘Lugo, Cidade Viva’ 2030, que recolle os documentos estratéxicos e os proxectos de cidade aliñados cos dez obxectivos que establece a Axenda Urbana española e europea para os vindeiros anos. “Este plan permitirá que Lugo presente con máis forza as súas convocatorias aos fondos europeos de recuperación xa que é un punto de partida indispensable para optar a eles”, destacou a alcaldesa.

O plan é un documento xenérico sobre estratexias de Lugo, pero que incorpora liñas específicas con proxectos xa en marcha e con actuacións previstas, para as que xa se pediron fondos europeos. A rexedora explicou que “se trata do documento que servirá de base para o desenvolvemento de actuacións enfocadas na consecución dunha cidade cada día máis saudable, equitativa, sostible, inclusiva e co impulso suficiente para crear oportunidades laborais para a cidadanía, polo tanto, unha valiosa ferramenta para mellorar a calidade de vida dos e das lucenses”. A alcaldesa matizou que “este Plan de Acción non é un documento pechado, senón que progresivamente se irán incorporando novas liñas de accóns con ideas, propostas e contribucións dos cidadáns”.

Este Plan de Acción é froito do proceso de participación cidadá impulsado pola alcaldesa dende comezos de verán. Así, durante os últimos meses celebraronse encontros xuvenís, con mozos e mozas da cidade, dos que xurdiu o grupo impulsor do futuro Consello da Mocidade; así como mesas de traballo con funcionarios municipais. Ademais, lanzouse unha enquisa na que todos os cidadáns puideron achegar o seu coñecemento, experiencia e ideas ao deseño do futuro da cidade.

“Foron procesos participativos aos que lle daremos continuidade buscando involucrar á veciñanza no proceso de construción do Lugo dos vindeiros anos, e que dará continuidade a estratexia que deseñamos e puxemos en marcha hai xa sete anos, coa sostibilidade como eixo transversal”, lembrou Méndez.

Lugo Cidade Verde

A alcaldesa de Lugo, participaba este mércores no acto de sinatura dos protocolos de actuación da Axenda Urbana española que tivo lugar na sede do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, en Madrid, e que estivo presidido pola titular do departamento, a ministra Raquel Sánchez. Lara Méndez asinou, deste xeito, o protocolo para a implementación do Plan de Acción da Axenda Urbana 2030 de Lugo, baixo o paraugas da marca “Lugo Cidade Verde” que foi seleccionado para o seu desenvolvemento polos fondos Next Generation.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.