A exposición ‘Rostros da Memoria. Ferrol 1972’ chega este xoves ó paseo da Frouxeira

Xurxo Lobato rende homenaxe ás persoas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras na cidade naval
A exposición xa pasou por Fene, Cedeira e Valdoviño | XURXO LOBATO
A exposición xa pasou por Fene, Cedeira e Valdoviño | XURXO LOBATO

O paseo da praia da Frouxeira será o novo escenario da exposición ‘Rostros da Memoria. Ferrol 1972’, do artista e académico Xurxo Lobato. Unha mostra promovida pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol coa colaboración das asociacións culturais Fuco Buxán, Memoria Histórica Democrática e Memoria e Dignidade.  O acto de inauguración celebrarase este xoves 15 de setembro a partir das 18:00 horas coa participación do alcalde, Alberto González; o comisario da exposición, e representantes das entidades promotoras. A partir dese momento, poderá visitarse ata o 29 de setembro. 

A través da mostra, Xurxo Lobato rende homenaxe ás persoas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras na cidade naval do ano 1972, que aínda están vivas e son merecentes dun recoñecemento público. Son 28 retratos realizados en blanco e negro, primeiro plano, onde se busca que a expresión do rostro co paso do tempo exprese a dor lembrada pola represión. Nun estilo sobrio, austero, minimalista, expresionista.

A exposición consta de soportes autoportantes, acondicionados para poder exhibirse ó aire libre, resistentes ás inclemencias do tempo, de modo que a súa mensaxe se poida achegar á cidadanía a través da súa presenza en espazos públicos.  Trátase dunha proposta que dá continuidade ó proxecto ‘Rostros da Memoria’, realizado en 2007 e itinerante polos museos máis importantes de Galicia. 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.