O grupo Cándido Hermida anunciou á parte social que extenderá ata final de ano o Expediente de Regulación de Empleo Temporal para as oito empresas do seu grupo, que afectará a preto de 500 traballadores. Según fontes do comité de empresa do grupo ubicado en Narón, a compañía alega causas produtivas para solicitar este ERTE.
Segundo explicaron desde a empresa aos sindicatos, a actual situación provocada pola crise do Covid-19 está reducindo drásticamente os encargos de todas as liñas de negocio e o peche de fronteiras está impedido sacar adiante proxectos fora de España. O grupo foi un dos primeiros en anunciar un ERTE trala declaración de Estado de Alarma, pero algunhas das empresas xa emprezaran a saír do expediente de regulación de emprego e atopábanse no período de reincoporación.
Actualmente a parte empresarial está reuníndose cos comités de empresa (ou coas comisións ad hoc de traballadores) para negociar estes ERTE, que se extenderían polo menos ata final do presente ano. En total, serían máis de 480 empregados das empresas Cándido Hermida Montajes, Cándido Hermida Nuevos Materiales, Cándido Hermida Construcción, Induca, Loira Inter, Inaval, Inmega Industrias Metálicas e Industrias Cándido Hermida. Ata o de agora só comezaron as negociacións en Induca e hoxe pola tarde o facía a de Cándido Hermida Montaxes.