Detido en Lugo un ferrolán con tres mil doses de marihuana e unha plantación de cogumelos alucinóxenos

O home, de 34 anos e con antecedentes penais por tráfico de droga, e máis a súa parella foron postos a disposición xudicial
keops

Funcionarios da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados co tráfico de drogas, detiveron a un home de trinta e catro anos, veciño de Ferrol, con antecedentes e a unha muller lucense de trinta e cinco anos.

A investigación comezou a finais de febreiro do presente ano, tras varias denuncias e queixas dos veciños, comerciantes e asociacións da zona da Avenida das Americas, polo forte cheiro a marihuana que se desprendía dun portal da zona. Un dispositivo de vixilancia verificou que se realizaban visitas de diferentes persoas ao domicilio e numerosos encontros moi breves nas inmediacións do domicilio dos agora detidos. Con todo iso, finalmente o pasado día dous do presente mes, procédese á detención de estas dúas persoas para continuar coas dilixencias precisas, entre elas o rexistro no domicilio onde se realizaban as transaccións ou parte delas.

Froito deste rexistro comísanse unhas tres mil dose de marihuana, setecentos cincuenta euros, catro basculas de precisión, trinta e cinco gramos de hachis, vinte e oito macetas con plantas de marihuana, cinco envoltorios plásticos contendo cogomelos alucinógenas, dentro dunha habitación unha instalación tipo invernadoiro para cultivo de marihuana e os cogomelos alucinógenas, así como unha máquina de envasado ao baleiro, para a conservación destes cogomelos ata a súa venda.

Dentro das substancias intervidas, algúns paquetes estaban marcados co peso da substancia que os contiña e noutros casos co pecio. De todo iso dáse conta á Autoridade Xudicial, unha vez tomóuselles declaración en dependencias policiais e postos en liberdade á espera de xuízo.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.