Rematadas as obras de renovación da rede de abastecemento de Pontedeume

A obra estaba cofinanciada entre a Deputación e o Concello e contou cun orzamento de 231.250,01 euros
IMG-20200604-WA0008

O Concello de Pontedeume vén de rematar as obras de renovación da rede xeral de abastecemento de auga, ao seu paso por Nogueirosa.

As obras conlevaron a substitución dun tramo da actual conducción de fibrocemento duns 600 metros por outra de fundición, que abastece ao 80% do municipio e que debido ao estado de deterioro que presenta vén sufrindo constantes roturas nos últimos anos.

A obra estaba cofinanciada entre a Deputación e o Concello e contou cun orzamento de 231.250,01 euros. Xa se está a redactar o proxecto para a renovación dun novo tramo de rede. Con esta actuación, O Concello de Pontedeume leva investidos desde o ano 2015 na renovación e mellora da rede de abastecemento de auga preto dun millón de euros.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.