O Concello de Neda vén de rematar as obras de aglomerado do camiño do Piñón, dende Casanova ata o vial de acceso a Viladonelle. Unha intervención que contou cun investimento de 37.166,64 euros a financiar con cargo ao POS+2019.
Con esta intervención, o Concello buscaba mellorar o estado do firme do vial reducindo os elevados gastos de mantenemento e mellorando a mobilidade na zona.