Lorenzo Milá gaña o XVI Premio José Couso de Liberdade de Prensa

O xornalista obtivo este recoñemento, organizado polo Club de Prensa de Ferrol e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, por "personalizar a independencia informativa nos medios públicos"
5523758

O xornalista Lorenzo Milá obtivo o XVI Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Club de Prensa de Ferrol Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia  e o

O Club de Prensa de Ferrol e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, convocantes do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, anunciaron que o gañador da XVI edición é Lorenzo Milá, logo de se celebrar a semana pasada, en acto pechado por mor do estado de alarma, o reconto de votos. A candidatura de Lorenzo Milá resultou vencedora con maioría suficiente e sen necesidade de voto de calidade do presidente do xurado. Como cada ano, o gañador foi elixido en votación aberta e secreta polos colexiados e colexiadas do CPXG e polos socios e socias do Club de Prensa.

Lorenzo Milá é un xornalista cunha longa traxectoria na televisión pública española, onde ten cubertos diferentes acontecementos mundiais do mesmo xeito rigoroso e profesional. É un dos xornalistas que personalizan a mellor época de independencia nos informativos nos medios públicos, onde presentou La 2 Noticias e o Telediario 2. Desde o 2014, ocupa a correspondencia en Italia para a TVE, desde onde está a facer a cobertura profesional sobre a COVID-19. Milá competía nesta edición do premio Couso coa actual correspondente de Televisión Española en Asia-Pacífico, Mavi Doñate e o recentemente cesado como director da Axencia Efe, Fernando Garea.

Debido ás circunstancias impostas pola actual crise sanitaria, non foi posíbel celebrar a rolda de prensa para anunciar o fallo desta edición do Premio Couso nin os tradicionais actos de entrega en Ferrol. Lorenzo Milá agradeceu desde Roma o premio e llo dedica a «tantos profesionais da comunicación que se xogan a vida defendendo a liberdade de prensa, a todos os informadores de calquera categoría que traballan en condicións de precariedade laboral e a quen traballa na verificación das noticias, unha función crucial». Cando a situación o permita, realizarase un acto público coa presenza do premiado para facerlle entrega do galardón na cidade de Ferrol.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.