O Concello de Ferrol limitará a Senda 8.000 —o paseo peonil que se activas as fins de semana desde a avenida do Mar ata a Malata— á zona de Caranza e a rúa dos Irmandiños a partir de mañá sábado, 6 de xuño. O avance na desescalada, o aumento das franxas horarias para pasear e a posibilidade de realizar desprazamentos levou ao goberno local a limitar os cortes de tráfico rodado que supoñía inicialmente a
Senda 8.000, que se habilitou nun momento no que o movemento das persoas estaba máis limitado.
Na actualidade, explican desde o Concello, «reduciuse moito a mobilidade peonil» polo que desde a tarde de mañá ata a noite do domingo quedará cortado o acceso pola avenida do Mar e un dos carrís de Irmandiños para o paseo de peóns. O resto seguirá aberto ao tráfico de vehículos.