Novo descenso dos casos activos por Covid-19 na área de Ferrol

Actualmente so 14 persoas as contaxiadas con coronavirus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, dos cais só dous están hospitalizados
marcidex

A área sanitaria de Ferrol segue coa súa tendencia á baixa nos casos de contaxio por coronavirus. Na última actualización remitida polo Sergas son 14 as persoas contaxiadas actualmente, catro menos que onte. Nas últimas 24 horas rexistrouse un novo ingreso no Marcide e son dúas as persoas hospitalizadas no CHUF.

En total, xa se contabilizan máis de 566 casos non activos, é dicir, persoas que superaron o virus e obtiveron xa a alta epidemiolóxica. Tampouco variou desde o 9 de maio o número de mortes relacionadas co Covid-19, que segue sendo de 33 persoas entre os falecidos en residencias de maiores da comarca e os centros hospitalarias de Ferrol.

 

 

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.