Mugardos porá en marcha a segunda fase de renovación do alumeado público

As actuacións, cofinanciadas con fondos Feder por máis de 230.000 euros, levaranse a cabo no núcleo de O Seixo
Leds 8

O Concello de Mugardos recibirá unha subvención de 195.000 euros procedentes de fondos FEDER, que complementados cos 40.000 euros que aportará de fondos propios, permitirá a acometida da segunda fase de renovación do alumeado público, neste caso, no núcleo do Seixo. Nas próximas semanas sacarase a concurso a licitación, e a intención do goberno local é acometer esta actuación no que queda de 2020.

Esta segunda fase consistirá na substitución das luminarias por novos sistemas de alumeado LED, máis eficientes e con mellores prestacións lumínicas en toda a zona do Seixo, a excepción da Avenida do Seixo xa incluida na primeira fase.Esta primeira fase estase a desenvolver na actualidade no núcleo urbán de Mugardos, traballos que avanzan a bo ritmo tras a chegada do material que superou a corentena á que estaba sometido.

Nestes días, localizáronse algúns puntos de luz que non foran incluidos na redacción do proxecto, pero desde a Concellería de Obras e Servizos iniciáronse conversas coa empresa e o enxeñeiro para darlle unha solución, e finalmente eses puntos tamén serán substituidos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.