O BNG presenta alegacións á construción dun novo depósito de residuos nas Somozas

O partido nacionalista denuncia a falta de xustificación ambiental, xurídica e urbanística do proxecto da empresa Sogarisa
Foto en monte sogarisa

O BNG presentou este luns alegacións ao proxecto de construción do novo depósito de seguridade no Centro de tratamento de residuos industriais en Galicia, que xestiona a empresa Sogarisa, situado na parroquia de Seixas, no municipio das Somozas.

En concreto, o Bloque pon o foco na solicitude de modificación da autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para a execución do novo depósito de seguridade, que se atopa en estado de información pública dende a súa publicación no DOG do pasado 25 de marzo.

Estas alegacións, explican os nacionalistas, «enmárcanse dentro do traballo que leva executando o BNG de control do cumprimento das afeccións ambientais e sobre a natureza que provoca a xestión industrial dos residuos no Polígono Industrial desta localidade»

«Temos un compromiso adquirido dende sempre coa veciñanza das zonas residenciais máis próximas, que levan anos denunciando determinadas prácticas que teñen unha grande afección no desenrolo das súas vidas, como son os continuos vertidos non autorizados, os nauseabundos cheiros que provoca algunha das fábricas alí presentes en determinados procesos produtivos e a pasividade e mesmo conivencia do Concello das Somozas ante tales prácticas e a nula política informativa e oscurantismo cara á veciñanza acerca do que alí acontece.

Ademais, o Bloque denuncia a inexistencia dun estudo xeotécnico no que ten que ver coa construción do novo depósito DDS III, «estudo fundamental para garantir a estabilidade dos taludes e avaliar axeitadamante os riscos de desprendementos, inestabilidades sísmicas, comportamento hidrolóxico», explican desde o partido.  Din que «a ausencia deste documento pode constituír omisión moi grave»

En definitiva, aseguran desde o BNG que se trata dun proxecto con moitas carencias de xustificacións en materia de seguridade xurídica, ambiental e urbanística. «É necesaria a constatación de que se trata dun proceso produtivo que cumpra con todas as normativas ambientais e de protección da natureza e tamén da legalidade urbanística», recalcan.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.