O Concello de Pontedeume acaba de presentar un video de apoio ao pequeno comercio e á hostalería local, que se suma a anteriores accións promocionais tanto en prensa como en radio dentro da campaña Pontedeume #mercanacasa.
Con esta peza audiovisual o goberno local quere «agradecer o esforzo realizado por todos os comerciantes e hostaleiros para unha vez superada a peor parte da crise sanitaria, ofrecer os seus produtos e servizos dentro dun marco que garante a máxima calidade e seguridade para os seus clientes»
O vídeo, que conta coa participación do actor eumés Román Martínez Placer, fai un percorrido por unha parte representativa do comercio da vila e amosa todo o proceso de adaptación dos diferentes establecementos para afrontar a reapertura.