A Mesa de Contratación Permanente do Concello de Ferrol aprobou a proposta para adxudicación a reparación de beirarrúas nas estradas da Deputación Provincial da Coruña DP-3603 (de Catabois a Cobas), DP-3604 (de San Xoán de Filgueira a Catabois), DP-3605 (de Penas de Guitín a San Xoán de Filgueira), DP-3608 (de Montecoruto a San Felipe), DP-3609 (Corrás a Malata) e DP-3612 (de Aneiros a Cabana), todas elas repartidas pola zona rural do municipio.
Trátase dunha actuación incluída no POS 2018 que conta cun importe de licitación de 114.877,09 euros. A empresa que obtivo a mellor puntuación deberá agora xustificar a baixa da súa oferta respecto desa cantidade.
Outra das contratacións que quedou lista, á espera de que a firma proposta como adxudicataria presente a documentación requirida polo Concello, foi a que corresponde ao subministro, en réxime de aluguer, de casetas de socorrismo para as praias. O importe de licitación, 9.212,40 euros.
A reunión serviu tamén para aprobar as actas das sesións do pasado luns nas que se adxudicaron a rehabilitación da envolvente da edificación situada nos números 1-8 da rúa Betanzos por un importe de 1.465.980,85 euros e a rehabilitación da envolvente da edificación situada nos números 1-2 da rúa Ares (294.816,74 euros), ambas en Recimil, ao igual que a das melloras no aglomerado da avenida do Mar (200.983,13), tamén adxudicada ese día.