Un total de 70 aspirantes realizarán a próxima semana as probas para socorrista en Ferrol

O Concello ofertou 45 prazas para cubrir as labores de vixilancia nos areais este verán
2019061119080012623

Un total de 70 aspirantes presentaron a súa solicitude na convocatoria do Concello de Ferrol para a contratación de 45 socorristas durante a tempada de verán. Un deles desenvolverá as funcións de coordinador de praias e outros sete as de coordinador de caseta.

Unha vez revisada a documentación, os aspirantes poderán facer os exercicios na piscina o próximo xoves 18. Ao día seguinte, o venres 19, celebrarse a proba escrita para os que opten á praza de coordinador de praias e ás sete de responsable de casetas.

Unha vez concluído o prazo de presentación de solicitudes e a unha semana de comezar a proba de piscina e a escrita, o Concello de Ferrol está á espera de recibir a subvención da Xunta destinada á contratación de máis socorristas. O pasado ano dita axuda cubriu oito prazas, que se destinaron as praias da Graña e Caranza. Segundo explicou o edil de Seguridade, Germán Costoya, os profesionais que se contraten a través da subvención do goberno autonómico servirán para que se preste servizo nestas dúas praias.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.