O CHUF realiza por primeira vez unha revisión remota dos marcapasos

Os doentes que teñen implantados os dispositivos non teñen que baixarse do coche para realizarlles o control técnico dos aparatos
WhatsApp Image 2020-06-12 at 10.24.26

A Unidade de Marcapasos do Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) pilota onte pola tarde un proxecto de seguimento remoto de dispositivos de estimulación cardíaca, marcapasos, en período Covid. Unha trintena de pacientes en seguimento por esta Unidade acoden nos seus coches ó recinto do Hospital Naval do Complexo, onde, sen baixar do automóbil, se lle realiza a monitorización do seu dispositivo e o rexistro de datos que, ó día seguinte, valorará o profesional sanitario especializado.

A situación provocada polo coronavirus fixo que se busquen alternativas de atención coa máxima seguridade, e, ante o risco para o paciente portador dos sistemas de estimulación cardíaca, que soe ser unha persoa maior con comorbilidade cardiovascular, o Servizo de Cardioloxía propón o uso de monitorización remota cando sexa posible para evitar as visitas ós hospitais e clínicas.

O obxectivo é minimizar o risco actual nas fases de reactivación sanitaria ou na necesidade de enfrontar, se se produce, a atención a estes pacientes nun posible contexto de futuro rebrote. Na Área Sanitaria de Ferrol están a seguimento uns 1.500 pacientes portadores de marcapasos. Implántanse uns 180 dispositivos deste tipo ó ano no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O perfil de paciente con trastorno do ritmo cardíaco, explican dende esta Unidade, é un home ou muller, non hai grandes diferenzas de xénero, cunha idade media de 80 anos.

Seguimento remoto dos dispositivos

Os pacientes deste programa piloto son un grupo de persoas ás que xa lle tocaba a revisión do seu dispositivo pero se está caso por caso os que son susceptibles de se sumar a este modalidade, «xa que teñen que ter a posibilidade de vir en automóbil, e non poden ter outro tipo de patoloxía engadida que valorar aparte do control rutineiro do dispositivo», explican desde o CHUF.

As vantaxes deste proxecto piloto, no que se separa a parte técnica de control do dispositivo da parte clínica, resume o cardiólogo Emiliano Fernández-Obanza, son a redución do número de visitas ó centro hospitalario, a diminución do tempo intrahospitalario ó mellorar a eficiencia durante o seguimento; e, en consecuencia, o aumento da seguridade tanto do paciente como do profesional.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.