Expertos acentúan a necesidade de que Lugo acolla o Museo da Romanización de Galicia e do Noroeste Español

O secretario xeral do Eixo Atlántico reivindicou que “Lugo está chamado a ser a Capital da Romanización de Galicia, e para iso necesita este museo como centro de referencia"
Concello de Lugo
Concello de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo hoxe unha reunión coa Plataforma MVRO, na que se integran unha trintena de colectivos veciñais, empresariais e culturais en defensa da creación do Museo da Romanización de Galicia e do Noroeste Español nas instalacións do Cuartel de San Fernando, para explicarlles os pasos que está a dar para acadar “este obxectivo irrenunciable de cidade”.

Neste senso, explicou que, tras a negativa reiterada da Xunta para acadar o seu compromiso con Lugo, tras paralizar este proxecto hai 9 anos, o Concello busca o financiamento para impulsar o Museo, polo que se presentou o proxecto de rehabilitación en clave de eficiencia enerxética aos fondos europeos convocadas polo MITMA, solicitando 12 millóns de euros para desenvolver o proxecto en dúas fases.

Así mesmo, avanzou o compromiso do Ministerio de Cultura, con cuxos responsables se reuniu a alcaldesa lucense para impulsar o plan director e o plan museográfico do Cuartel, que complementen a rehabilitación, “xa que entenderon perfectamente que é un proxecto de cidade”. “Neste plans – apuntou a alcaldesa- deberá ter presenza a Xunta xa que é a propietaria das máis de 15.000 pezas arqueolóxicas almacenadas en distintas dependencias da cidade, e incluso, lamentablemente, nas casas dos propios arqueólogos”.

A alcaldesa comentou que volverá a pedirlle á Xunta que recupere o compromiso adquirido cos e coas lucenses na vindeira reunión que manterá co presidente Alfonso Rueda.

Segundo explicou Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, “Lugo está chamado a ser, polas súas potencialidades, a Capital da Romanización de Galicia, e para iso necesita este Museo como centro de referencia, e non existe ningún gran museo sobre historia nas cidades que non estea ubicado na seu casco histórico”. “Lugo debe prepararase para cando chegue o AVE de xeito que teña xa un Museo que permita aos visitantes quedarse varios días e, logo, desde a cidade, realizar outros itinerarios pola provincia e Galicia”, destacou.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.