Narón prorroga as actividades do programa «Envellecemento Activo» para maiores de 60 anos

Os trámites para inscribirse, a partir do 1 de xullo, poden realizarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón ou de modo presencial
01-clases

O Concello de Narón manterá no vindeiro curso 2020-2021 as actividades enmarcadas no programa de Envellecemento Activo, dirixidas a veciñas e veciños da cidade maiores de 60 anos. Aquelas persoas maiores de 60 anos que estean apuntadas este mes, teñan as cotas ao día e non soliciten a baixa, non terán que volver a anotarse, quedando prorrogada a súa inscrición.

No caso de que queden vacantes tamén poderán participar neste programa persoas menores de 60 anos empadroadas no concello naronés que acrediten cun informe médico a conveniencia de realizar a actividade adaptada a esa idade e non estar imposibilitados físicamente para realizalas. Tamén poderán anotarse persoas non empadroadas en Narón maiores de 60 anos ou menores que reúnan os requisitos anteriores, por orde de inscrición.

Os trámites para inscribirse, a partir do 1 de xullo, poden realizarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón ou de modo presencial, neste último caso, solicitando cita previa no número de teléfono 981 102 152 para acudir ás oficinas do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. Para as actividades de ioga, ximnasia rehabilitadora, memoria e coral a solicitude de inscrición debe presentarse co modelo oficial do Concello, que se pode obter na Sede Electrónica do Concello ou nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.