Títetes e teatro infantil en Neda esta semana

“Redondo”, que se representa este mércores, é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas
Tanxarina Títeres trae a Neda o seu espectáculo “A Cazola de Lola”
Tanxarina Títeres trae a Neda o seu espectáculo “A Cazola de Lola”

A compañía Caramuxo Teatro trae a Neda este mércores o seu último espectáculo, titulado “Redondo”, e incluido no programa “O primeiro Xacobeo”. Está dirixido a nenos e nenas de entre 6 meses e 4 anos e as súas familias, e o Concello programará dous pases na Casa da Cultura. O primeiro, ás 12:30 horas, para o alumnado de Educación Infantil dos coles San Isidro e Maciñeira. O segundo, ás 18:00 horas, aberto ao público en xeral, con retirada previa de invitación na Biblioteca. Pode facerse hoxe e mañá martes de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e o mércores de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 17:30. Tamén se pode reservar o convite chamando ao 981 39 02 33.

“Redondo” é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round, o seu protagonista, fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura, atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia.

Títeres o domingo

A programación para os máis pequenos continúa o domingo da man de Tanxarina Títeres, que traerá a Neda o seu espectáculo “A Cazola de Lola”. A función inclúese no ciclo municipal “Teatro en Familia” que promove ao longo do mes de outubro o Concello, e dará comezo ás 18:30 horas. As entradas xa poden adquirirse na Biblioteca en horario de 09:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, ata o venres ou, en caso de quedar prazas libres, dende dúas horas antes do inicio do espectáculo. O prezo é de 1 euro para o público infantil e de 2 euros para as persoas adultas.

As mans de Eduardo Rodríguez “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giráldez están detrás desta obra de títeres dirixida a un público infantil -a partir de 5 anos-, e baseado no conto “La Casserole d´Anatole”, de Isabelle Carrier, adaptado por Tanxarina e Cándido Pazó, que aborda a diversidade funcional entre os menores.

Festa de magosto

Ademáis, O Concello de Neda informou esta mañá de que este mércores abre o prazo de inscrición para participar na festa do Magosto para a Terceira Idade. A cita celebrarase o venres 4 de novembro a partir das 18:00 horas no centro cívico Ramón Millarengo, e nela non faltará a degustación de castañas, boliños preñados, viño e refrescos, así como un gran baile amenizado por un grupo con música en directo.

A festa é gratuíta para os veciños e veciñas da localidade, namentras que para aquelas persoas que acudan doutros municipios terá un custe de 5 euros. As persoas interesadas poden apuntarse a partir de mañá no departamento municipal de Servizos Sociais, ata o día 31 de outubro ou completar aforo.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.