O Concello de Viveiro inaugurou a pasada tarde do luns unha nova edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional, que programa actividades ata este domingo, 23 de outubro.
Cada ano, Superarte reivindica a inclusión dun colectivo. Deste modo, o Concello de Viveiro decidiu implicar neste ano á Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas -FEGEREC-. Dita entidade realizou durante o día do martes varias sesións de sensibilización nos centros educativos de Viveiro. “Agradecémoslle á FEGEREC o seu esforzo guiándonos na programación desta edición”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
Tras o acto de inicial de Superarte, inaugurouse a mostra de pintura ‘Visión Iniciática’, do pintor Xolo. A súa obra pode visitarse na recen renovada sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Discussion about this post