Pontedeume acolle por sétimo ano a mostra de pintura “Pontedearte”, que reúne a obra de artistas locais e que se inaugurará este sábado 22 de outubro. A Casa da Cultura de Pontedeume acolle as visitas á mostra dende o día 22 de outubro ao 7 de novembro, de martes a domingo en horario de 18:00 a 20:00 horas.
O obxectivo do concello é potenciar a pintura e os artistas eumeses, dinamizar ademais a cultura local e ofrecerlles aos artistas a posibilidade de mostrar as súas obras. Nesta exposición participan veciños e veciñas de Pontedeume maiores de 35 anos ou que reciben ou estudian nalgunha academia, estudio ou particular da vila cun máximo de dúas obras de técnica libre.