Cuarta xornada con 12 casos activos por Covid-19 na área de Ferrol

O CHUF continúa co seu plan de detención temprá de coronavirus e xa se levan realizados 12.847 PCR
Ampliación Micro 3

A área de Ferrol leva case dúas semanas cun estancamento no número de contaxios por coronavirus, que actualmente se sitúa en doce, dous menos que o pasado día 6 de xuño. Ademáis, desde o martes día 9 a sétima planta do Marcide está libre de casos activos por Covid, trala alta do último doente contaxiado.

O mesmo ocorre co número de curados, que apenas mudou nos últimos dez días. Actualmente son 569 as persoas que superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica, sete máis que hai unha semana. O número de vítimas mortais relacionadas co Covid é de 33 falecidos, entre os que perderon a vida nas residencias de maiores e no centros hospitalarios. O último doente faleceu o 9 de maio.

A pesar deste entancamento, segue activos os dous puntos de toma de mostras para PCR no exterior do Novoa Santos, que non só realízanse a persoas con síntomas compatibles co virus, senón a todas aquelas que teñan que pasar por algunha intervención ou proba sensible.  Ata o de agora son 12.847 as probas que se realizaron na área sanitaria, con só un 4,3% de positivos detectados ata o momento.

 

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.