Cento corenta e dous Sarxentos Alumnos pertencentes á promoción 81 do Curso de Acceso á Escala de Suboficiais reincorporáronse hoxe luns ás Escolas da Armada en Ferrol, dos cales 90 pertencen á Escola de Especialidades “Antonio de Escano” e 52 á Escola de Especialidades da Estación Naval da Graña.
A reincorporación efectuouse seguindo todas as recomendacións hixiénico – sanitarias establecidas pola Inspección Xeral de Sanidade do Ministerio de Defensa.
Os Sarxentos Alumnos teñen previsto finalizar o curso académico a finais de xullo e a continuación incorporaranse ás súas unidades como novos suboficiais da Armada.