Os socialistas de Mugardos denuncian que o goberno local deixou á Policía sen coche

O único vehículo avariouse o 12 de setembro, pero o alcalde, responsable da Policía Local, aínda non xestionou a adquisición dun novo
Vehículo da Policía Local
Vehículo da Policía Local

A Agrupación Socialista de Mugardos denunciou hoxe que o Goberno local aínda non adquiriu un novo vehículo para a Policía Local “que continúa sen coche dende fai máis dun mes, cando se avariou o único vehículo operativo”. Segundo denuncia o voceiro socialista, José Ángel Martínez Bardanca, “isto supón unha falta de dilixencia do alcalde no cumprimento das súas obrigacións como responsable da policía local”.

Os socialistas relatan que o pasado 12 de setembro, “se avariou o único vehículo en funcionamento da Policía Local de Mugardos, o cal xa tiña unha antigüidade superior aos 18 anos”. “É evidente que esta situación impide aos axentes realizar con normalidade as súas funcións. Non poden desprazarse para atender os avisos dos veciños e veciñas, acudir a sinalizar accidentes, cortes de tráfico ou controlar a entrada e saída dos colexios”, sinala Martínez Bardanca.

Segundo precisou o voceiro socialista, “xa informamos no pasado mes de setembro de que se está incorrendo nunha irresponsabilidade por parte do alcalde, que é o máximo responsable do servizo”. Ademais, recordou que a propia Lei “recolle entre as súas obrigacións a de dotar de medios á policía local para poder desenvolver a súa actividade”. Malia as advertencias da propia Policía Local e do Grupo Municipal Socialista, “o Goberno local do Partido Popular non renovou o vehículo”.

“Ademais, o Concello de Mugardos dispón dunha subvención da Deputación concedida no ano 2019, pero a data de hoxe aínda non xestionou a compra do vehículo”, engade Martínez Bardanca. O voceiro socialista finaliza recordando que o Goberno local non valorou aínda as propostas do grupo socialista, “para alugar, prestar ou realizar un renting dun vehículo con urxencia”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.