O Concello de Ferrol propón incluír 35 intervencións de rehabilitación máis no programa de axudas do Plan Estatal de Vivenda para alcanzar as 120 actuacións na Área de Rexeneración e Renovación Urbana Magdalena-Ferrol Vello unha vez que as 85 intervencións previstas nesta área na convocatoria de maio cunha axuda de 1.000.409,83 euros para ambos barrios non esgotaron a totalidade da subvención.
O pasado 4 de maio o Concello de Ferrol abriu o prazo para solicitaMagdalena-Ferrol Vellor estas axudas dirixidas a subvencionar a rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas de Magdalena e Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello no marco do convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Xunta a e o Concello de Ferrol, de finais de 2021, con base no Plan estatal de vivenda 2018-2021. Da cantidade estimada para os barrios da Magdalena e Ferrol Vello, 875.604 euros proceden do Ministerio e 124.805,83 da Xunta.
Ao non consumir a totalidade da achega o Concello de Ferrol propón incluír máis intervencións subvencionables das xa presentadas á convocatoria de maio, en concreto estímase que 35, seguindo a orde de entrega da solicitude. No caso de que a Xunta autorice a proposta, subvencionaríanse entre ambos barrios un total de 120 rehabilitacións.
As achegas para esas primeiras 85 actuacións consumíronse en só 3 minutos, o que demostra “o éxito que están a ter en Ferrol este tipo de programas e, en xeral, a rehabilitación de vivendas”, indicou esta mañá o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina. O edil estimou que á vista destes datos “a cidade ten capacidade para consumir mesmo máis fondos que os que se lle están asignando para intervencións de recuperación de vivendas”.