Javier Galán cree que a CIG quere debilitar «con mentiras» a Comisións Obreiras

O presidente do comité de empresa de Navantia desmentiu que pactara coa dirección de Recursos Humáns do estaleiro realizar as probas de acceso junior de forma on-line
WhatsApp Image 2020-06-16 at 12.58.28

O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Javier Galán (CCOO), afirmou esta mañá nunha rolda de prensa que non vai dimitir do seu cargo, tal e como demandaba a CIG no pleno extraordinario celebrado esta mañá no estaleiro público. O responsable dos representantes dos traballadores cree que esta petición da central nacionalista responde a una «estratexía de acoso e derribo» para intentar debilitar ao sindicato maioritario, Comisións Obreiras, «a base de mentiras reiteradas». «Pese a quen lle pese seguimos sendo o sindicato con máis respaldo dos traballadores no estaleiro de Navantia», asegurou Galán.

O presidente do comité clarificou que o seu sindicato, CCOO, non pactou coa dirección de empresa a realización de exames de acceso on-line, tal e como lles acusaba a CIG. Asegurou Javier Galán que esixiu a Navantia que o proceso de acceso de postos junior ten que estar resolto antes de que os traballadores do estaleiro comecen as vacacións e o dos senior antes de setembro, pero que «en ningún momento» avalou a proposta da dirección da empresa de realizar as probas de acceso de forma telemática. «De feito -dixo Galán- lle comuniquei de forma persoal á responsable de Recursos Humanos, que en Ferrol dispoñíamos de espazos grandes, como FIMO, para realizar os exames de forma presencial».

Galán asegurou que, contrariamente ao que din desde a CIG, Comisións Obreiras é o sindicato máis belixerante coa dirección da empresa e o que máis propostas realiza para mellorar as condicións dos traballadores. «Cando estamos sentados cara a cara cos membros da dirección, son eu como presidente o que máis confrontacións ten coa dirección», dixo o responsable do comité.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.