Un conductor dase á fuga tras chocar contra o muro dunha casa en Narón

O home foi localizado horas máis tarde polos efectivos da Garda Civil e deu positivo na proba de alcoholemia
WhatsApp Image 2020-06-16 at 13.19.35

O Equipo de Atestados do Destacamento de Tráfico de Ferrol, despois dunha intensa investigación, localizou a un condutor que chocou contra unha vivenda en Narón tras unha saída de vía, e que posteriormente se ausentou do lugar do sinistro, supostamente para eludir ser controlado polas Forzas de Seguridade. O inmoble sufriu danos de consideración.

A investigación iniciouse o pasado 7 de xuño, cando testemuñas presenciais da saída de vía dun vehículo chamaron ao 112 para alertar do suceso. Na chamada comunicábase que na estrada DP-5401 (Narón a Val) un turismo impactara contra un muro de pedra e que se baixaron do turismo accidentado dúas persoas, un home e unha muller, e que se foron do lugar.

Ao momento da colisión pronto chegaron efectivos do Destacamento de Tráfico de Ferrol, ás 08:30 horas, que tras realizar a primeira inspección ocular e verificar o denunciado polo alertante, a fuxida do lugar do condutor causante do sinistro, pasaron aviso ao Equipo de Atestados.

As investigacións realizadas a pé de estrada conclúen que o conductor perdeu o control do vehículo atravesando o carril contrario de circulación, saíndose da vía pola súa marxe esquerda, nas proximidades dun paso de peóns e unha parada de autobús, chocando coa cuneta terriza, regresando á calzada e chocando contra un muro de pedra e derrubando dous metros do mesmo.

Iso sumado a que a velocidade máxima do tramo de ocorrencia do sinistro viario é de 50 quilómetros á hora, o mal estado dos pneumáticos do vehículo e que a Inspección Técnica do Turismo figuraba caducada desde o 2019, fai que os instrutores conclúan que a causa do sinistro viario fose unha condución temeraria.

A segunda fase da investigación era dar co condutor temerario. Analizouse o interior do vehículo, manifestacións das testemuñas, consultas nas bases de datos da Dirección Xeral de Tráfico e da Garda Civil, manifestación do titular do vehículo e outras xestións realizadas. Finalmente, os compoñentes do Destacamento de Tráfico de Ferrol deron coa persoa fuxida.

Ás 14:45 horas do mesmo día do suceso os instrutores do Equipo de Atestados tiñan sentado ante eles ao condutor causante do sinistro, o cal, ante as probas que apuntaban cara a el, non puido facer outra cousa que recoñecer os feitos. Ao sometelo ás probas de detección alcohólica arroxou resultado positivo, 0,46 e 0,45 miligramos por litro de aire expirado.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.