A Garda Civil de Tráfico de Ferrol procedeu a investigar a un condutor, de 66 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria, ao conducir superando as taxas legalmente establecidas e baixo a influencia de bebidas alcohólicas.
Os feitos ocorreron, cando compoñentes do Posto da Garda Civil de San Sadurniño saíron na procura dun vehículo que, segundo alertaba un usuario da vía, circulaba pola estrada AC-862 (de Ferrol ao límite coa provincia de Lugo) realizando manobras perigosas poñendo en risco ao resto de usuarios.
Os axentes puideron interceptar ao vehículo, observando persoalmente como o turismo invadía en varias ocasións o carril destinado para o sentido contrario. Ao entrevistarse co condutor obsérvanlle síntomas evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que procederon a solicitar á Central Operativa de Servizos (COS) a presenza no lugar de membros da Agrupación de Tráfico.
Á chegada do Equipo de Atestados do Destacamento de Ferrol o condutor deu resultado positivo nas probas de detección alcohólica, arroxando taxas de 0,81 e 0,86 miligramos por litro en aire expirado, máis do triplo da taxa máxima permitida. Ábrenselle dilixencias como investigado por un delito contra a seguridade viaria, remitindo o atestado ao xulgado de Instrución número 2 de Ferrol.