Desfile de Ánimas, obradoiro de cabazas e degustación de chocolate con churros polo Samaín en Lugo

A xornada dará comezo ás 5 da tarde na rúa Quiroga Ballesteros cun obradoiro de baleirado e tallado de cabazas, co seu posterior concurso, alén dun photocall e xogos
julia-raasch-4z4ztWP7WPs-unsplash
PUBLICIDAD

A concellería de Xuventude organiza este próximo sábado, 29 de outubro, diferentes propostas para gozar na cidade do Samaín, unha das datas máis sinaladas do outono galego.

O edil Mauricio Repetto avanzou hoxe que a xornada dará comezo ás 5 da tarde na rúa Quiroga Ballesteros onde están previstas, entre outras actividades, un obradoiro de baleirado e tallado de cabazas – co seu posterior concurso – alén dun photocall e a celebración de xogos en torno á temática desta festividade que rematará cunha degustación popular de chocolate con churros.

“Unha oferta de ocio á que queremos convidar a toda a mocidade para que participe, de xeito gratuito e veña gozar connosco dunha tarde máxica, chea de entretemento e diversión”, afirmou o responsable de área. Repetto lembrou tamén que a dinamización finalizará cun Desfile de Ánimas, no que colaboran as asociacións de recreación histórica Clan de Breogán, Trebas Galaicas, Mercenarios Galaicos e Lugdunum, percorrendo parte do Casco Histórico e da Muralla para até rematar a velada co conxuro purificador do Druída. As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de chegada, sen que sexa preciso realizar inscrición.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.