A pivot Sune Swart continuará no Baxi Ferrol a próxima tempada

A sudafricana cumprirá a súa segunda campaña co equipo ferrolán, coa que aspira a ascender a Liga Femenina
sune-swart-uni

A pivot surafricana Sune Swart cumprirá a súa segunda campaña no BAXI Ferrol, despois de chegar a un acordo co club para seguir no conxunto departamental.

O corpo técnico do cadro ferrolán valorou o gran traballo desenvolvido pola xogadora na pasada tempada, na que xogou case vinte minutos por partido, para ofrecerlle a súa continuidade, que aceptou a pivot.

A xogadora destaca sobre a súa renovación co BAXI Ferrol que “decidín seguir xogando en Ferrol porque gozo traballando coa xente deste club. Creo que temos o equipo adecuado para gañar a liga, mentres nos divertimos moito no traballo diario”.

En canto ao que espera achegar na nova campaña, Sune Swart comenta que “o que máis me gustaría achegar ao equipo é unha enerxía positiva e alentadora dentro e fóra da cancha. Espero que todas demos o 100% todos os días e traballemos duro para alcanzar a nosa meta como equipo. Gustaríame ser unha compañeira que poida axudar a que o proceso sexa divertido e agradable”.

Sune Swart convértese na terceira xogadora confirmada polo BAXI Ferrol para a próxima tempada, despois da renovación da canaria Patri Cabrera e da fichaxe da valenciana Irene Garí.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.