A Universidade Sénior da UDC ofrece un programa semipresencial de formación sobre actualidade, ciencia, saúde e vida

De cara ao próximo curso xa se activaron as ferramentas necesarias para poder combinar clases en remoto e de forma presencial
alunos-Univ-Senior-Macao

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, ofertará no curso 2020-2021, un Programa de Formación Específico con carácter semipresencial, baixo a denominación “Actualidade, Ciencia, Saúde e Vida”.

Ante o novo escenario provocado pola situación sanitaria, a Universidade Sénior realizou unha intensa tarefa de reprogramación de cara ao vindeiro curso académico, co obxectivo de acadar unha nova normalidade na que desenvolver as súas actividades formativas, garantindo a aprendizaxe ao longo da vida das persoas maiores de 50 anos, pero coa prioridade absoluta e permanente de salvagardar a saúde do alumnado, do resto da comunidade universitaria, e da poboación en xeral.

Conscientes de que a presencialidade é un elemento chave para o alumnado Sénior, pero sen obviar que representa un grupo especialmente sensible, no vindeiro curso ofertarase un Programa de Formación Específico, con carácter semipresencial, dirixido a todo o alumnado, combinando sesións de teleformación en remoto, a través das ferramentas institucionais da UDC para o teleensino (Moodle, Teams) con sesións presenciais na aula, a través de conferencias ou obradoiros, sempre en función das condicións sanitarias de cada momento.

Este proxecto formativo estará dividido en dous cuadrimestres relacionados coas diferentes áreas temáticas, co obxectivo de axudar a concienciar á sociedade sobre os desafíos actuais e acuciantes que deberá afrontar nos vindeiros anos, e a recoñecer o valor das disciplinas relacionadas coa educación para un desenvolvemento máis humano e sustentable a través do coñecemento e as experiencias dos seus participantes.

Esta nova oferta formativa da Universidade Sénior está estruturada en catro materias cuadrimestrais, con docencia non presencial, pertencentes a todas as ramas do saber: Arte, Dereito, Economía, Filosofía, Psicoloxía, Saúde e Socioloxía, que será completada cun ciclo de conferencias presenciais.

Na páxina web https://www.udc.gal/senior está xa publicada a convocatoria de matrícula e toda a información en liña, que comezará o vindeiro luns 22 de xuño. O teléfono de contacto da sede de Ferrol é o 626063462.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.