O Clube de Balonmán de Pontedeume celebra esta fin de semana o seu 50 aniversario, consolidándose como un dos equipos máis veteranos neste deporte a nivel galego.
E para festexalo ten programados varios actos:
O venres 17, ás 20.30, realizará na Casa da Cultura a presentación da súa efeméride, para despois dar paso á inauguración dunha exposición fotográfica do clube.
O sábado 18, no Pavillón A Casqueira, haberá tres partidos:
- Ás 12 da mañá xogo entre veteráns: ex xogadores do clube eumés contra ex xogadores da comarca, León e Asturias.
- Ás 16.15 enfrentamento entre a S.D Eumesa e o C.B Rasoeiro, no primeiro partido de volta da liga senior.
- Ás 19.00 partido da Liga Asobal: Ademar León – Balonmán Cangas. Amistoso entre dous equipos da máxima categoría do balonmán español.
Discussion about this post