Comezan as obras de rehabilitación do antigo mercado de Ortigueira

Supoñen un investimento de case 33.000 euros e resolverán os problemas de filtracións de auga que padecía o edificio
99fbd2dd-277b-4ccd-9dcc-0d88cabd8089

O Concello de Ortigueira está desenvolvendo as obras de remodelación do antiguo mercado da praza Isabel II, adxudicadas á empresa Gallaecia Works S.L por importe de 32.985,37 euros. Os traballos fináncianse con cargo ao POS 2018 adicional da Deputación da Coruña.

Trátase dun investimento que o goberno municipal considera «prioritario» polas filtracións de auga que rexistra e tamén pola importancia de conservar o patrimonio arquitectónico local. Neste sentido cabe lembrar que o antiguo mercado -situado fronte ao edificio do Concello e onde se atopaba ata 1857 o cárcere- é unha construción que data de 1917 e que viu substituír a unha anterior de 1861.

O seu característico deseño, con dúas filas de cinco columnas de ferro forxado colocadas sobre pedra, un teito de madeira con celosía e pontóns e unha cuberta de tella plana, será respectado.

O tellado será renovado cunha cuberta similar á actual e substituiranse os elementos estruturais deteriorados polas filtracións de auga. As columnas recibirán un tratamento anticorrosivo e levarase a cabo o decapado e eliminación da pintura vella aplicando tamén unha protección fronte aos xilófagos. O prazo de execución dos traballos é de dous meses.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.