A Xunta de Galicia adxudicou o contrato de redacción dos proxectos de rehabilitación do inmoble emprazada na rúa Carme Curuxeiras, 8 e a construción de dous edificios nos número 22 e 24 da mesma rúa. O contrato foi adxudicado a UTE Óscar López Alba-Lucía Fernández Rodríguez por importe de 94.985 euros e un prazo de tres meses para a redacción dos proxectos.
Esta adxudicación de redacción de proxectos súmase ás realizadas a finais de maio e comezos deste mes de xuño para a redacción dos proxectos dos edificios emprazados na rúa Benito Vicetto 17, rúa dos Mártires 9, San Francisco 13 e 21, Río Novo 11 e Rastro 7 (esquina Praza Vella) e a construción dun edificio en cálea Castro 22-24. Todos os contratos inclúen a dirección da obra ademais da redacción dos proxectos de rehabilitación.
Os inmobles foron adquiridos polo IGVS no marco do Programa Rexurbe para a súa rehabilitación como vivendas de promoción pública que se adxudicarán en réxime de aluguer. En Ferrol Vello o IGVS xa está a executar a obra de construción de dúas vivendas na rúa Argüelles 1, cun investimento de máis de 330.000 euros, e dispón dun total de 19 inmobles adquiridos para a súa rehabilitación.