Comezan as expropiacións dos terreos para as obras de mellora da estrada Valdoviño-Cedeira

Onte citáronse aos 86 titulares das 136 fincas necesarias para executar estes traballos na AC-566 que xa contan con 22 ofertas
ac566

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade retomou onte os actos expropiatorios aos que están convocados os propietarios dos terreos necesarios para executar o acondicionamento  da estrada Valdoviño-Cedeira, seguindo un estrito protocolo de seguridade. Este é o primeiro dos actos de expropiación que se efectúa desde que se decretou o estado de alarma.

Así, entre onte e hoxe a Casa da Cultura de Valdoviño acolle os 86 titulares das 136 fincas necesarias  para executar estas obras na estrada AC-566. Para axilizar esta actuación, os propietarios dos terreos xa teñen tamén data de nova convocatoria para o levantamento das actas de ocupación, para os días 6 e 7 de agosto no mesmo lugar, tras o pago pola Administración dos depósitos previos.

Esta actuación céntrase na mellora dun treito de case 4 quilómetros da estrada autonómica AC-566, desde a saída do núcleo urbano de Valdoviño ata A Ramalleira. Unha vez cumpridos os trámites expropiatorios, co levantamento de actas de ocupación, os terreos quedarán dispoñibles para a execución desta actuación de mellora da estrada Valdoviño-Cedeira, de cara a lograr unha maior mobilidade e seguridade viaria.

Estas obras están xa licitadas, presentándose un total de 22 ofertas, algunhas delas realizadas a través de unión temporal de empresas, polo que a participación no concurso ascende a 29 empresas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.