O novo parking do Marcide terá máis de 4.000 metros cadrados e contará con 123 prazas

O Concello de Ferrol adxudicou hoxe este proxecto valorado en 241.300 euros e cun prazo de execución de catro meses
Hospital_Arquitecto_Marcide_Ferrol_A_Coruña_Galiza (2)

O Concello adxudicou hoxe a construción do aparcadoiro disuasorio do CHUF, unha obra que comezará nas próximas semanas e que conta cun período de execución de catro meses. O importe ascende a 241.300 euros e a empresa adxudicataria é Construcciones Cernadas.

O novo párking municipal terá acceso pola rúa Doadores de Sangue e dará servizo a unha area na que hai especial demanda de estacionamento, por atoparse nas inmediacións o Arquitecto Marcide, o CAMF e o IES Leixa, entre outras instalacións con alta afluencia de persoas. Ocupará unha extensión de 4.220 metros cadrados na que se habilitarán 123 prazas de grandes dimensións, pensadas para a comodidade incluso de persoas que teñan mobilidade reducida. Entre elas haberá paseos peonís para facilitar un acceso seguro aos vehículos.

Entre as melloras que ofreceu a empresa que obtivo o contrato cóntase un incremento de catro anos no período de garantía e, ademais, entre as condicións especiais de execución consta a contratación dun mínimo dunha muller, coa finalidade de favorecer a participación feminina no mercado laboral e a conciliación do traballo e a vida familiar.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.