Fene reabrirá desde mañá sábado os parques infantís ao público

O Concello levará a cabo diariamente un programa de desinfeccións diarias dos espazos infantís e nos parques biosaudables
Protección Civil Fene
Protección Civil Fene

O Concello de Fene retirará os precintos nos 13 parques infantís que hai repartidos polo territorio coa finalidade de que se poidan volver usar a desde o mediodía deste sábado. Malia que desde o pasado luns os parques xa podían utilizarse, o Concello optou por mantelos pechados en espera de que a Xunta aclarase as medidas de prevención que habería que adoptar.

O consistorio levou a cabo nos últimos días unha limpeza xeral dos parques, consistente tanto na retirada de lixo e vexetación como na desinfección de todo o mobiliario de xogos e lecer. Os traballos aínda continúan nesta tarde do venres e proseguirán durante a mañá do sábado, co obxectivo de que todas as instalacións poidan estar abertas a partir do mediodía.

A normativa autonómica indica que nos parques debe procurarse que non haxa máis dunha persoa por cada 4 metros cadrados. Tamén se recomenda poñer a disposición das persoas usuarias xeles hidroalcólicos e mesmo solucións xabonosas para os nenos e nenas máis pequenas.

Por este motivo, desde o Concello vólvese facer un chamamento á responsabilidade das persoas usuarias -principalmente pais e nais- para asegurar que se mantén a distancia social de 1,5 metros e outras accións preventivas que están recollidas en carteis informativos que o Concello está colocando en todos os parques, indicando ademais que non se deberán utilizar os surtidores de auga públicos.

O Concello programou desde mañá mesmo un programa de desinfeccións diarias dos espazos infantís -e tamén das zonas con aparellos de exercicios- do que se ocupará o persoal da área de Servizos en colaboración coa agrupación local de Protección Civil.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.