Cabanas pintará un gran mural conmemorativo polo Día do Orgullo LGTBI

O Concello ten programado para os días 27 e 28 de xuño un obradoiro sobre os dereitos do colectivo, estereotipos e diversidades de xénero
LGTBI. Banco da Diversidade

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de LGTBI, vén de anunciar as actividades previstas para conmemorar o Día do Orgullo 2020, unha xornada, a do 28 de xuño, que xa se ten convertido en referente no concello tras a posta en marcha da iniciativa #CabanasDiversa, hai agora un ano.

A través da aproximación a técnicas e ferramentas creativas propias do muralismo, o Concello de Cabanas ten programado para os días 27 e 28 de xuño un obradoiro no que «as persoas participantes experimentarán coas capacidades expresivas da arte para reivindicar o dereito a ter identidades diversas, libres de estereotipos, roles e discriminacións», explicaron desde o Concello.

“A actividade iniciarase cunha breve contextualización histórica do rol da arte urbana como ferramenta para a o activismo social e a loita política no espazo público, para logo realizar un mural conmemorativo do Día do Orgullo”, sinalou a concelleira de LGTBI, Paula González.

Aquelas persoas interesadas en participar poden solicitar máis información no correo [email protected] ou no teléfono 649 075 263. Na actividade tamén participará o Grupo de Representantes da Mocidade de Cabanas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.