A Xunta invirte 139.000 na posta en valor dos recursos turísticos das comarcas

Ata sete concellos de Ferrol, Eume e Ortegal recibirán axudas para impulsar proxectos de mellora paisaxística, cultural ou patrimonial
Cedeira investirá a subvención da Xunta en mellorar a sinalización a Santo Andre de Teixido
Cedeira investirá a subvención da Xunta en mellorar a sinalización a Santo Andre de Teixido

Un total de 7 concellos, mancomunidades e consorcios locais ou agrupacións de concellos da comarca de Ferrolterra se beneficiarán das axudas que o Goberno galego reserva para impulsar actuacións de posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística do rural con máis de 139.000 euros.

Sufragaranse, entre outras, accións de embelecemento dos accesos e bens declarados de interese cultural, iluminación ornamental, recuperación e creación de miradoiros paisaxísticos ou recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional entre outras.

En Ares, financiarase con máis de 21.000 euros a posta en valor da Alianza Aresana como centro de promoción da cultura e patrimonio indiano. As Somozas recibirá 18.000 euros para a instalación de sinalización temática dos seus recursos turísticos estratéxicos. Ao igual que Cabanas, que obterá unha contía de maís de 28.000 euros recuperación, accesibilidade e sinalización dos seus recursos turísticos.

En Cedeira destinaranse algo máis de 17.000 euros á sinalización de rutas Santo André de Teixido e intervención no campo do Castro. Fene, pola súa banda, destinará 11.000 euros desta subvención á información e sinalización de espazos de interese paisaxística, mentres que O Barqueiro usará os 19.400 euros de axuda nos miradoiros do Atlántico e do Cantábrico. En Ortigueira os case 23.000 euros usaranse para o proxecto de mellora do entorno do muíño do campo da Torre

As achegas para a mellora da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos  van dirixidas a mellorar a calidade dos recursos turísticos dos concellos para facelos máis atractivos aos visitantes. Estas subvencións están orientadas ao fomento e posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística dos municipios.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.