Unha marcha, teatro e obradoiros para conmemorar o 25N en Viveiro

Ademáis, co ánimo de facer unha programación transversal e durante todo o ano, o Concello programa unha serie de obradoiros de xaneiro a maio
Concello de Viveiro
Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Muller dirixida por Lara Fernández Fernández-Noriega, anuncia a programación con motivo do 25-N, Día Internacional contra a violencia de xénero. O programa propón actividades que coinciden cos días próximos á efeméride, pero tamén iniciativas que se desenvolverán ao longo do ano, cun carácter transversal. “Dende o Concello de Viveiro temos un firme compromiso coa loita contra a violencia de xénero. O programa deste ano buscar chegar a todas as idades, con especial atención aos centros educativos e á xuventude”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

As actividades comezarán o luns 21 de novembro, co obradoiro ‘Violencia de xénero e novo contexto dixital’ ao alumnado de 3º da E.S.O. do I.E.S. Vilar Ponte. O xoves 24 de novembro ás 17:30 na Praza da Habana Vieja será a inauguración do ‘Banco violeta para a reflexión contra a violencia de xénero’. Durante o acto darase lectura o manifesto elaborado polo grupo de participación xuvenil do Concello de Viveiro e organizarase unha intervención artística.

O propio 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, organizarase a marcha ‘En negro contra as violencias’. A marcha sairá de Castelos -Covas- e rematará na Praza Maior de Viveiro, onde se lerá o manifesto institucional. Ademais entregaranse paraugas conmemorativos e chocolate para as persoas asistentes. Tamén haberá citas teatrais, coa obra ‘Continente María’ de Ainé Producciones o martes 29 de novembro e a obra ‘Fillas Bravas’ de Chévere, o sábado 3 de decembro. Ambas representacións serán no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas.

Eventos ao longo de todo o ano

“As institucións temos a obriga de realizar un traballo de fondo en prol da igualdade, por iso promovemos outras actividades ao longo de todo o ano. Seguiremos esforzándonos en sensibilizar e educar en igualdade”, indica Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Muller. Ademais, co ánimo de facer unha programación transversal e durante todo o ano, o Concello de Viveiro programa unha serie de obradoiros de xaneiro a maio.

Deste modo, impartiranse formacións sobre sexualidade nos I.E.S. María Sarmiento e Vilar Ponte, a cargo da sexóloga Raquel Graña. “Agradecemos aos centros educativos a súa participación, cremos que é esencial levar á aula o debate da non violencia e a educación sexual”, recorda a responsable de Muller. Tamén se ofrecerá un obradoiro de creación audiovisual contra a violencia de xénero, no que participará o Grupo de Participación Xuvenil. A participación na iniciativa está aberta a todos os adolescentes, con inscrición no 982 55 04 21. Neste caso, os participantes poderán realizar curtas cos móbiles dende a perspectiva de xénero.

Por último, no relativo á lectura, ofrécese de novembro de 2022 a xuño de 2023 o club de lectura en feminino, dinamizado por Estíbalez Veiga. Ademais, na Biblioteca Municipal de Viveiro, crearase o ‘Recanto Violeta’.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.