«Poligal non se pecha» foi o lema que acompañou durante todo o pasado ano as manifestacións e protestas despois de que o grupo Peralada decidise liquidar a empresa presentando un concurso de acreedores e febrero de 2019 deixando na rúa a máis de 100 traballadores.
Hoxe a holding empresarial quere desfacerse definitivamente deste activo e anunciou recemente a súa venda por 3,7 millóns de euros. A empresa Ingestion Real State é a encargada da operación e anuncia na súa páxina web a venda desta nave de 13.106 metros cuadrados construídos nunha parcela de 22.060, situada no polígono industrial de A Gándara.
Os vendedores detallan que a parcela está totalmente urbanizada e é accesible completamente por vehículos en todo o perímetro, dispón de varias entradas e un posto de control de acceso ao recinto xunto á cal hai unha bascula para camións. Ademais, destacan que o polígono A Gándara está situado moi próximo á poboación de Ferrol, «cunha área de influencia dunhas 100.000 persoas, o que fai que teña un uso predominantemente comercial onde podemos atoparnos firmas de todo tipo de actividades concesionarios de automóbiles, supermercados, hoteis, restaurantes, firmas como McDonals, Eroski, Mercadona ou Lidl».
A nave, que durante anos dedicouse á producción de compoñentes de plástico, conta con 4 grúas ponte, oficinas, salas de reunións ou muelle de carga, entre outras características. A venda desta nave ociosa nun polígono tan puxante como o de A Gándara podería supoñer a atracción de novos inversores e a creación de novos postos de traballos á comarca.